Falamos de Memoria é unha serie documental de reportaxes sonoras que percorren diferentes espazos da Coruña e da súa contorna para recuperar historias vinculadas á II República, á resistencia antifascista, á represión franquista e á memoria democrática. O podcast, producido pola Fundación Praza Pública coa colaboración do Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade, está formado por dez episodios que se publicarán semanalmente ao longo deste último trimestre do ano. Todos eles comezan coa creadora de contido Prado Rúa presentándonos in situ o espazo sobre o que versa o capítulo. Esta serie ten como director editorial a David Lombao, director de Praza.gal, con Miguel Pardo na coordinación de contido. A redacción e gravación das entrevistas e o guión corren a cargo de Pablo Vázquez e Paula Cermeño, con Llerena Perozo e David Lombao na narración e o traballo de montaxe…
Latest episodes
-
28 min
Falamos de memoria - Monte Alto e As Atochas
O primeiro episodio da serie podcast, producida pola Fundación Praza Pública coa colaboración de 50 en Liberdade, mergúllase no labirinto urbano do barrio coruñés que antes do golp…