Vinte de Foliada é un proxecto documental co que nos achegamos á tradición máis actual. As pandeiretas, gaitas, bailes e cantos resoan con forza en escolas, asociacións, parques ou mesmo pubs, onde se xunta persoas de todas as idades para gozar e participar da música tradicional. O ‘tradi’ vive un momento doce e ocupa espacios alén da contornas rurais. Nesta produción de VINTE conversamos con alumnas, mestras, investigadoras ou artistas na súas aulas e nas propias foliadas polas cidades galegas e coñecemos as súas historias de amor pola música, o baile ou os instrumentos...
Latest episodes
-
37 min
Vinte de Foliada en Ourense
Poucos espazos máis susceptibles de xuntar troula e tradición en Ourense ca un magosto. E ata un dos máis clásicos da cidade levamos os micrófonos deste Vinte de Foliada. Entre cas…
-
32 min
Vinte de Foliada en Pontevedra
Vinte de Foliada para en Pontevedra, onde ea viveza da música tradicional amósanola Álvaro Carballo. Conversamos con el entre aulas de música e baile da asociación Trepia, punto de…
-
34 min
Vinte de Foliada en Santiago
Que as pandeiretas ecoen pola rúa non é nada estraño en Santiago. Vinte de Foliada achégase a unha das agrupacións máis senlleiras da cidade, Brincadeira, para conversar co alumnad…
-
25 min
Vinte de Foliada en Vigo
O terceiro Vinte de Foliada lévanos a Vigo. Comezamos paseando polo parque Castrelos para atoparnos alí coas xentes diversas que cada dous xoves se xuntan para tocar e bailar. Demó…
-
29 min
Vinte de foliada en Lugo
O segundo Vinte de Foliada para en Lugo. En vésperas do San Froilán visitamos unha unha aula de iniciación á pandeireta no CENTRAD, o Centro de Artesanía e Deseño, conversamos coa…
-
21 min
Vinte de foliada na Coruña
O primeiro Vinte de Foliada principia nunha das foliadas de Elviña, onde cada mércores desde hai décadas centos de persoas se xuntan para tocar e bailar ou para gozar desde a terra…