podcasts.eu.org

Media ducia de poemas e unha canción

by Radio Ateneo · 21 episodes

🇪🇸 Galicia chart Arts

Website ↗ More by author

Media ducia de poemas e unha canción é o podcast perfecto para os amantes da poesía e da música. Cada episodio deste programa presenta unha selección de seis poemas dun autor destacado, ofrecendo aos oíntes unha inmersión profunda na súa obra e estilo literario. Ademais, cada entrega finaliza cunha canción que complementa e amplifica a experiencia poética.

Latest episodes

  1. Ramón Otero Pedrayo

    Ramón Otero Pedrayo é considerado o patriarca das letras galegas. Tocou numerosos campos: a narración, o teatro, a poesía, o ensaio, o ensino, a xeografía a política e o xornalismo…

    11 min
  2. Curros Enríquez

    Manuel Curros Enríquez (1851-1908) foi un dos grandes poetas do Rexurdimento, destacado polo seu compromiso social, republicano e progresista. Autor de obras clave como Aires da mi…

    17 min
  3. Álvaro Cunqueiro

    Álvaro Cunqueiro (1911–1981), nacido en Mondoñedo, foi un dos grandes autores galegos do século XX. A súa traxectoria comezou centrada na poesía, con libros vangardistas e neotroba…

    14 min
  4. Xohana Torres

    Xohana Torres naceu en Santiago en 1931 e finou en Vigo en 2017. Poeta, narradora e dramaturga, destacou tamén como pioneira da radio en galego e como referente do feminismo galego…

    15 min
  5. Bernardino Graña

    Bernardino Graña (Cangas, 1932 - Nigrán, 2025) foi profesor de secundaria, poeta e referente da nosa literatura infatil e xuvenil, ademais de articulista e ensaísta. A súa humanida…

    16 min
  6. Xosé Luís Méndez Ferrín

    Xosé Luís Méndez Ferrín é un escritor galego nado en Ourense en 1938, referente das nosas letras e coñecido pola súa obra poética e narrativa, marcada polo compromiso político e cu…

    19 min
  7. Marta Dacosta

    Marta Dacosta Alonso (Vigo, 1966) é unha poeta, profesora e sindicalista galega cunha sólida traxectoria literaria e compromiso social. Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, p…

    12 min
  8. María Victoria Moreno

    María Victoria Moreno (1939–2005) foi unha escritora, editora e profesora que fixo da lingua galega a súa casa literaria e vital, malia nacer en Cáceres. Formada en Filoloxía Román…

    12 min
  9. Celso Emilio Ferreiro

    Celso Emilio Ferreiro naceu en Celanova en 1912 e morreu en Vigo en 1979. Poeta, xornalista, político, galeguista e republicano de esquerdas, foi unha das figuras clave da poesía s…

    11 min
  10. María Mariño

    María Mariño foi a terceira muller homenaxeada no Día das Letras, no ano 2007. Escritora tardía e autodidacta, é unha rara avis na nosa literatura: apenas nos deixeou un cento de p…

    10 min
  11. Manuel María

    A extensísima obra poética de Manuel María, con medio cento de títulos, transita polo existencialismo, o compromiso político, o amor, a lingua, o intimismo, a transcendencia ou a m…

    12 min
  12. Avilés de Taramancos

    Antón Avilés de Taramancos (1935-1992) foi un poeta e activista galeguista nado en Noia. Viviu en Colombia durante 20 anos, onde expresou a súa morriña en Poemas de ausencia. Ao re…

    13 min
  13. Uxío Novoneyra

    Uxío Novoneyra, "O Poeta do Courel", é unha das voces poéticas máis aclamadas, poderosas e admiradas da nosa literatura. Achegarse aos seus versos é o inicio dunha viaxe conmovedor…

    15 min
  14. Olga Novo

    Olga Novo é unha das voces poéticas máis poderosas e conmovedoras do noso panorama literario actual. O seu poemario Feliz Idade obtivo os premios Nacional de Poesía no 2020, o da C…

    15 min
  15. Marica Campo

    Marica Campo é unha poeta, narradora, dramaturga e tradutora, que adicou toda a súa vida ao ensino. Ten como referentes para a súa obra todos aqueles libros que lía na biblioteca f…

    15 min
  16. Eva Veiga

    Eva Veiga, muller polifacética e resiliente: filóloga, poeta, xornalista, guionista e actriz. Hoxe escoitamos seis poemas dela e a canción "Norai de Anguria"

    10 min
  17. Especial Letras Galegas: Luísa Villalta

    Luísa Villalta é a sexta muller á que se lle dedican as Letras Galegas despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera, María Mariño, Mª Victoria Moreno e Xela Arias.

    14 min
  18. Xoán Xosé Fernández Abella

    Xoán Xosé Fernández Abella, escritor e mestre, naceu en Monforte de Lemos en 1933. Entre o ano 66 e o 72 estivo emigrado en Venexuela. Posteriormente, en Galicia, estivo vinculado…

    9 min
  19. Salvador García-Bodaño

    Salvador García-Bodaño, poeta e destacado da nosa cultura, deixounos en marzo de 2023. Foi membro numerario da Real Academia Galega e presidiu o Ateneo de Santiago entre os anos 20…

    11 min
  20. Rosalía de Castro

    Rosalía de Castro, a poeta que pon en marcha o Rexurdimento da literatura galega despois dos Séculos Escuros está hoxe de conmemoración. Cada ano, celébrase o Día de Rosalía no día…

    12 min
Nothing playing
0:00 / 0:00