En Retrocorenta percorremos algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos deportes, das xentes, dos lugares... Algunhas desas cousas que tamén son historia do país e parte da nosa memoria colectiva. Poremos voces ás lembranzas, refrescarémolas e, seguro, tamén falaremos un chisco do presente e do futuro. O programa, conducido por David Lombao e Ana G. Liste, é unha produción de Praza e VINTE. Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Latest episodes
-
36 min
Retrocorenta 10 - Especial Nadal
Hai dez programas comezamos a facer memoria sobre as últimas catro décadas de Galicia. Iso levounos aos anos 80, aos anos 90 e aos primeiros 2000. E, que é o que facían calquera pr…
-
38 min
Retrocorenta 9 - Facer de comer
Sentade á mesa porque neste noveno Retrocorenta imos facer de comer. Entramos co chef Javier Olleros na cociña de Culler de Pau no Grove. Imos probar o cocido do Rodeiro, no barrio…
-
48 min
Retrocorenta 8 - Historias de autobús
Estas catro décadas de memoria colectiva nas que se centra o podcast Retrocorenta non se poden entender sen as historias de autobús. Neste oitavo episodio participan o escritor Car…
-
1 h 04
Retrocorenta 7 - A tele que vimos medrar
No sétimo Retrocorenta falamos da televisión en Galicia, porque a tele funciona como un espello da sociedade e do país. Tanto a TVG como a delegación de Televisión Española en Gali…
-
49 min
Retrocorenta 6 - Saímos á noite
Neste sexto programa de Retrocorenta, conducido por Ana G. Liste e David Lombao, imos da verbena á discoteca con Pili Pampín e co novo responsable da sala Hermo, Plenario Veiga. Le…
-
45 min
Retrocorenta 5 - Historia(s) da internet galega
Desde a cuarta década da internet galega, no quinto episodio do podcast 'Retrocorenta' miramos cara a atrás (e cara a adiante) coas xornalistas María Yáñez, Marta Veiga, Manuel Gag…
-
45 min
Retrocorenta 4 - Xela, Lois e as letras pop(ulares)
Como xa sucedera en 2011 co ano Lois Pereiro, con Xela Arias estamos a vivir unhas letras galegas pop… ou punk… ou, cando menos, máis pegadas ao país. Falamos destes autores, das s…
-
43 min
Retrocorenta 3 - Son Bravú
En Son Bravú, o podcast Retrocorenta recupera este fenómeno que xurdiu na aldea de Viana, en Chantada, xunto ás voces de Xurxo Souto, Lola de Ribeira, Pinto d'Herbón e mais Anna Di…
-
48 min
Retrocorenta 2 - Fume no pavillón
No segundo episodio de Retrocorenta recuperamos os éxitos deportivos das pioneiras e pioneiros galegos de hai catro décadas. Pili Neira, TIto Díaz e Ángeles Araújo lembran connosco…
-
45 min
Retrocorenta 1 - As Movidas de Vigo
No primeiro Retrocorenta revisitamos a "explosión" creativa da Movida viguesa con algúns dos seus protagonistas. Nicolás Pastoriza, Menchu Lamas, Pablo Novoa, Mara Costas, Fernando…
-
1 min
Retrocorenta - Avance
Está a piques de chegar Retrocorenta, un podcast no que imos percorrer algúns recunchos das últimas catro décadas da historia de Galicia tirando dos fíos da cultura, da música, dos…